NOVEDADES

ABANCA e a ORPAGU renovan o seu compromiso coa sostibilidade e a modernización do sector pesqueiro

, ,

ABANCA e a ORPAGU renovan o seu compromiso coa sostibilidade e a modernización do sector pesqueiro

ABANCA e a Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) veñen de renovar o seu xa tradicional convenio de colaboración financeira con novas opcións de crédito que permiten actuar ante os novos retos que presenta a actividade pesqueira, tanto en materia tecnolóxica, como no respecto ao medio mariño. Ambas as entidades consolidan así a súa alianza en beneficio dun sector clave para a economía do sur de Galicia.

O texto foi rubricado esta mañá na Guarda pola directora de zona de ABANCA en Vigo sur, Ángela Rodríguez, e a xerente da Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU), Juana Parada. Á firma tamén asistiron o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e o director da oficina de ABANCA na Guarda, Juan Jesús González.

No marco deste novo convenio, ABANCA pon á disposición dos palangreiros guardeses un amplo catálogo de financiamento con liñas e solucións de crédito deseñadas especificamente para dar resposta aos actuais retos do sector. Un dos produtos máis destacados é unha póliza de crédito a un prazo de cinco anos, sen comisións de estudo nin amortización, que permite cubrir os déficits de tesourería que provocan os amarres por ausencia de cota ou os paros biolóxicos que afectan o sector.

ABANCA tamén ofrece a este colectivo de profesionais do mar a posibilidade de anticipar, mediante préstamos sen xuros ou sen comisións, subvencións e impostos para atender a operatoria das empresas pesqueiras. Ademais, a oferta financeira recollida no convenio inclúe outros produtos, como a hipoteca naval, ideada para a construción, compra ou reparación de embarcacións. Deste xeito, os palangreiros poderán contar con embarcacións que sexan máis modernas, eficientes e respectuosas co medio ambiente, pero que tamén ofrezan mellores condicións de habitabilidade a bordo.

Outros produtos e servizos para ORPAGU

O catálogo de produtos e servizos que a entidade financeira pon á disposición dos palangreiros complétase con outros produtos adaptados ás particularidades do colectivo, como liñas de desconto, así como unha liña de comercio exterior que suple as necesidades de crédito que deben atender as embarcacións que faenan noutros países. De igual maneira, os asociados poden acceder ás liñas de financiamento oficial que a entidade financeira ten subscritas con diversos organismos públicos.

ABANCA mantén unha aposta estratéxica pola cadea de valor do mar. A entidade conta desde 2016 cunha unidade de negocio especializada no mundo pesqueiro, ABANCA Mar, que dispón dun amplo catálogo de produtos e servizos pensados para dar resposta ás demandas deste colectivo e ofrece solucións personalizadas a problemáticas puntuais do sector. O banco mantén en vigor convenios de colaboración con diversas entidades relacionadas co mar, entre as que destacan as principais organizacións de armadores, confrarías, produtores ou vendedores de Galicia.

A Organización de Palangreiros Guardeses conta na actualidade con 74 buques especializados na pesca de peixe espada e outras especies similares na modalidade de palangre de superficie de altura e de grande altura. Está presente en todos os mares, desde o Océano Pacífico ao Índico, pasando polo Atlántico Norte e o Atlántico Sur, con máis de 71 barcos asociados en total.

Entradas relacionadas

Formulario de contacto

Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.