NOVEDADES

BASES DEL II CONCURSO DE RELATOS «HOMES E MULLERES DO MAR»

BASES DEL II CONCURSO DE RELATOS «HOMES E MULLERES DO MAR»

IDADE

De 10 a 12 anos.

TEMA

“Homes e mulleres do mar”

PARTICIPANTES

Nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia.

As persoas premiadas non poderán ser premiadas en dúas edicións consecutivas.

MODALIDADE E CATEGORÍAS DOS RELATOS

Unha única modalidade na que inclúa o idioma Galego.
Cada participante so poderá presentar un escrito.
Os traballos presentados terán unha extensión mínima de dous e máxima de seis folios.
Formato habitual (Arial 11) a dobre espazo e por unha sola cara (en formato papel).
Deberán ser orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que se haxan presentado e premiados en outros concursos.
Os traballos presentados deberán ser de ficción, polo que o xurado non admitirá ensaios ou redacción sobre o tema proposto.

ENTREGA DOS RELATOS.

Os relatos en formato papel presentaranse na oficina da Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.) na dirección calle Manuel Álvarez, 16 (baixo), C.P.36780 A Guarda (Pontevedra) en horario de 09.00 h a 15.00 horas de luns a venres.

Os relatos entregaranse en formato papel dentro dun sobre cerrado, POR TRIPLICADO e sen asinar.
Axuntarase outro sobre cerrado que conterá no seu interior nome e apelidos, idade, dirección, correo electrónico e teléfono do autor.
No exterior de ambos sobres deberá constar a referencia do concurso “Homes e mulleres do Mar” e titulo da obra.

PRAZO DE ADMISIÓN

Dende o 23 de Febreiro ata o 31 de Maio.

PREMIOS

Outorgarase un premio de unha Tablet e un galardón.
A entrega de premios farase no marco da XIV Festa do Peixe Espada de A Guarda que se celebrará no último fin de semana do mes de Xullo (28,29 e 30 de Xullo).

 

XURADO

Teremos o honor de contar cos seguintes escritores, que valorarán a orixinalidade que propoñan os relatos presentados, así como un estilo e calidade narrativa.

Escritora Iria Misa, gañadora do Premio Jules Verne de literatura xuvenil que concede Edicións Xerais coa súa obra Xa non estou aquí.

Escritora Ledicia Costas, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil coa súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta, a mesma obra recibiu o premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil no ano 2015 e foi seleccionada para formar parte da prestixiosa Lista de Honor del Ibby en 2016. Coa novela de aventura, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obtivo o premio Lazarillo de creación literaria en 2015 e o Premio Fervenzas Literarias pola mellor obra de literatura no 2016. O seu libro Un animal chamado néboa, recibiu o premio Losada Diéguez de creación literaria 2016.

Escritor Diego Giráldez. Gañou o Premio Literario de relato curto José Saramago en 2010. En 2016 recibiu o primeiro accésit do Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves; en maio dese mesmo ano, resultou gañador do certamen literario Manuel Murguía. Recentemente, o público dos premios galegos Fervenzas literarias elixiuno mellor autor galego do ano 2016 pola súa obra Galería de saldos que, ademais, foi elixida como o segundo mellor libro de narrativa do ano.

FALLO

Será publicado o día 30 de Xuño do 2017, na páxina web da Organización de Palangreiros Guardeses (http://www.orpagu.com)

OBSERVACIÓNS

Para calquera consulta sobre o concurso ou as súas bases, pode dirixirse a seguinte dirección de correo electrónico: concursorelatosorpagu@gmail.com

A Organización reservase os dereitos de reprodución gratuíta dos relatos presentados, citando sempre o nome e apelidos do autor ou autora.

As obras serán validadas pola organización do concurso, reservándose o dereito de non facer públicas aquelas obras que se consideren non adecuadas ao espírito do concurso por diversos motivos, como pode ser por contido ofensivo.

As obras non premiadas serán arquivadas ou destruídas pola Organización, garantindo así que non se fará ningún uso indebido do seu contido. Se o autor/a o indicase expresamente no momento da inscrición, devolverase a súa copia.

O feito de participar supón a total aceptación das presentes bases. Así como da decisión do xurado.

A Organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

A Organización de Palangreiros Guardeses, en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informa que os datos persoais que Vd. nos proporciona, serán incluídos nos ficheiros “Festa do Peixe Espada”, titularidade de esta entidade, que a finalidade e xestionar, difundir e fomentar o interese cultural, gastronómico e social organizado por ORPAGU no ámbito das súas competencias.

Se o desexan poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose a oficina de Orpagu en A Guarda, calle Manuel Álvarez, número 16 – baixo.

Entradas relacionadas

Formulario de contacto

Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.