NOVEDADES

Ábrese o prazo do VIII Certame Literario Xosé Carlos Gómez Alfaro “Homes e mulleres do mar”

Ábrese o prazo do VIII Certame Literario Xosé Carlos Gómez Alfaro “Homes e mulleres do mar”

A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) convoca a oitava edición do Certame Literario Xosé Carlos Gómez Alfaro “Homes e mulleres do mar”, un concurso de relato curto en lingua galega dirixido a nenos e nenas de entre 10 e 12 anos de toda Galicia. O prazo de presentación de traballos estará aberto entre o 1 e o 30 de abril.

O certame nace co obxectivo de promocionar a literatura galega e achegar aos máis novos ao mundo da creación literaria, poñendo en valor o traballo e a vida das persoas que viven do mar.

Os relatos terán que estar escritos en galego, ser orixinais e inéditos, e ter entre dous e seis folios de extensión (arial 11, dobre espazo, por unha soa cara). Só se admite un traballo por participante e debe ser de ficción, non ensaio nin redacción.

Os traballos entregaranse en formato papel, por triplicado e sen asinar, nun sobre cerrado na sede de ORPAGU (rúa Manuel Álvarez 16, baixo, 36780 A Guarda, Pontevedra), en horario de 09:00 a 17:00 de luns a xoves e de 09:00 a 15:00 os venres. Xunto ao sobre co relato, achegarase outro sobre cerrado cos datos persoais do autor ou autora.

Os premios inclúen unha tablet, un galardón conmemorativo e un lote de libros. A entrega terá lugar o 6 de xuño na sede de ORPAGU en A Guarda.

Este ano o xurado esta formado por tres figuras destacadas do ámbito literario galego: Anna R. Figueiredo, escritora, profesora e doutora en Física, autora de obras como Os bicos feridos (Premio Viadutos de Novela) e o ensaio Feminismos. A historia cóntana as vencedoras; Tensi Gesteira, xornalista e crítica literaria, responsable do proxecto de divulgación Lecturafilia; e Manuel Esteban, escritor e médico, gañador do Premio Xerais de Novela 2016 con A ira dos mansos e autor de títulos como A lei do mar (2025).

O fallo do xurado publicarase o 16 de maio na web de ORPAGU e podedes consultar as bases completas na web  www.orpagueducativo.com/certame-literario.

Entradas relacionadas

Formulario de contacto

Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.