NOVEDADES

Gabriela Alfaya, da Guarda, gaña o VII Certame Literario “Homes e Mulleres do Mar” cunha homenaxe ás redeiras

Gabriela Alfaya, da Guarda, gaña o VII Certame Literario “Homes e Mulleres do Mar” cunha homenaxe ás redeiras

Gabriela Alfaya Rebollar, alumna de 5º de Educación Primaria no CPR Padres Somascos da Guarda, resultou gañadora da sétima edición do certame literario “Homes e Mulleres do Mar”, convocado pola Organización de Produtores Palangreiros Guardeses (ORPAGU).

O relato premiado, titulado “A misteriosa Illa das redeiras”, conta a historia dunha nena que, tras atopar un obxecto antigo no faiado da súa casa, viaxa a unha illa onde as redeiras gardan os segredos do mar e do tempo. O texto combina elementos de aventura, memoria e tradición mariñeira. A protagonista remata descubrindo a importancia das mulleres do mar e o valor de conservar e transmitir o seu legado.

O xurado valorou a capacidade da autora para construír unha historia cunha estrutura clara, personaxes definidos e un uso coidado da lingua. A obra foi escollida entre os textos presentados por nenos e nenas de entre 10 e 12 anos de toda Galicia.

O fallo fíxose público esta semana, coincidindo co Día das Letras Galegas, e o acto de entrega do premio celebrarase o vindeiro 7 de xuño na sede de ORPAGU, na Guarda. A gañadora recibirá unha tablet, un lote de libros e unha escultura conmemorativa.

O certame “Homes e Mulleres do Mar”, que leva o nome do escritor X.C. Gómez Alfaro, ten como obxectivo fomentar a escrita en galego desde idades temperás e recoñecer a contribución das persoas que traballan no mar, con especial atención ás mulleres que durante anos foron invisibilizadas.

 

Entradas relacionadas

Formulario de contacto

Para el envío de CV debes hacerlo aquí

Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.

NEWSLETTER ORPAGU

Suscríbete a nuestra newsletter

Recibe novedades, productos destacados y contenido de interés para profesionales y particulares.