NOVEDADES

Aday Pereira recolle o Premio Literario “Homes e mulleres do Mar” nunha homenaxe á cultura mariñeira

Aday Pereira recolle o Premio Literario “Homes e mulleres do Mar” nunha homenaxe á cultura mariñeira

Aday Pereira Portela recibiu este sábado o VIII Premio Literario Xosé Carlos Gómez Alfaro «Homes e Mulleres do Mar», organizado por Orpagu, nun acto que reuniu representantes institucionais, membros do xurado, responsables da organización e familiares do gañador.

O estudante guardés, de 11 anos, foi recoñecido polo seu relato Aprender a perder, unha historia que aborda a perda, a memoria e o esforzo das familias vencelladas ao mar. Durante o acto, Aday leu o texto premiado ante os asistentes, protagonizando un dos momentos máis emotivos da xornada.

Na entrega participaron o alcalde da Guarda, Roberto Carrero; o concelleiro de Cultura, Celso Fariña; o presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla; a directora xerente da organización, Juana Parada; e Tensi Gesteira, voceira do xurado. Como vén sendo habitual, tamén asistiu ao acto a viúva de Xosé Carlos Gómez Alfaro, que quixo acompañar unha vez máis unha iniciativa que mantén viva a memoria do escritor e cronista guardés.

Durante a súa intervención, Celso Fariña tivo un recordo especial para Xesús Alonso Montero, con quen o unía unha bonita amizade. O concelleiro lembrou que foi precisamente Alonso Montero quen lles trasladou no seu día a idea de incorporar o nome de Xosé Carlos Gómez Alfaro á denominación do certame, unha proposta que permitiu reforzar o vínculo da convocatoria coa cultura e coa memoria mariñeira galega.

Pola súa banda, o alcalde da Guarda puxo en valor a relación histórica do municipio co mundo do mar e destacou a importancia de iniciativas que contribúen a transmitir aos máis novos unha parte esencial da identidade da vila.

O presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla, reafirmou o compromiso da organización coa continuidade e o crecemento do certame e avanzou a súa intención de seguir potenciando esta iniciativa nas vindeiras edicións para consolidala como un referente entre a mocidade e a cultura mariñeira.

A organización entregou tamén diplomas a todos os nenos e nenas participantes nesta edición, nun xesto co que quixo recoñecer o esforzo, a creatividade e a implicación de todos os escolares que presentaron os seus traballos ao certame.

O Certame Literario Xosé Carlos Gómez Alfaro «Homes e Mulleres do Mar» está dirixido a nenos e nenas de entre 10 e 12 anos e naceu co obxectivo de achegar ás novas xeracións a realidade do mar a través da escrita. Coa entrega deste premio, Orpagu pecha unha nova edición dunha convocatoria que segue demostrando a súa capacidade para conectar literatura, memoria e identidade mariñeira.

Entradas relacionadas

Formulario de contacto

Para el envío de CV debes hacerlo aquí

Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.

NEWSLETTER ORPAGU

Suscríbete a nuestra newsletter

Recibe novedades, productos destacados y contenido de interés para profesionales y particulares.