NOVEDADES

ORPAGU convoca o VII Certame Literario “Homes e Mulleres do Mar”

ORPAGU convoca o VII Certame Literario “Homes e Mulleres do Mar”

A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) convoca a sétima edición do Certame Literario X.C. Gómez Alfaro “Homes e Mulleres do Mar”, unha iniciativa dirixida á mocidade galega co obxectivo de fomentar a escritura creativa en galego e manter viva a memoria e o legado do mundo mariñeiro.

O certame leva o nome do profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro, nado nas Chabolas (Sanín, Ribadavia) en 1949 e finado na Guarda en 2008. Gómez Alfaro foi un destacado poeta galego, autor de obras como As labaradas da lembranza e Mar aberto, e recoñecido con premios como o Premio Cidade de Ourense. O seu compromiso coa cultura e a literatura galega deixou unha fonda pegada, e ORPAGU honra o seu legado a través deste certame.

Nesta edición, poden participar nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia cun relato de ficción en galego, que teña como tema central os homes e mulleres do mar. Os traballos deberán ter entre dous e seis folios, presentarse por triplicado, sen asinar e en formato papel, e entregarse na sede de ORPAGU (Rúa Manuel Álvarez, 16 – baixo, A Guarda) entre o 1 e o 30 de abril.

O xurado, composto por Manrique Fernández, xornalista e escritor; María Díaz, directora dos informativos matinais da Cadena Ser en Vigo; e Joaquín Cadilla, presidente de ORPAGU e tamén autor do poemario Palabras como corpos prata, valorará a orixinalidade, a expresividade e a calidade narrativa dos relatos.

A persoa gañadora recibirá unha tablet, un galardón conmemorativo e un lote de libros, que se entregarán o 7 de xuño nun acto público na sede da organización. O fallo do xurado farase público o 16 de maio, tanto na web de ORPAGU (www.orpagu.com) como en ORPAGU Educativo.

Con este certame, ORPAGU reforza o seu compromiso coa difusión da cultura mariñeira e da lingua galega, impulsando espazos onde a infancia poida expresarse e conectar co mar tamén desde a imaxinación.

 

DESCARGA AS BASES DO CONCURSO AQUÍ

 

Entradas relacionadas

Formulario de contacto

Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.