NOVEDADES

ORPAGU e ABANCA estreitan lazos para mellorar o financiamento e a modernización da frota pesqueira

,

ORPAGU e ABANCA estreitan lazos para mellorar o financiamento e a modernización da frota pesqueira

A Organización de Palangreiros Guardeses ven de renovar a súa tradicional colaboración con ABANCA mediante a firma dun novo acordo financeiro. Esta alianza permitirá aos máis de 70 barcos asociados acceder a servizos deseñados especificamente para as súas necesidades, sempre en condicións favorables.

O acordo foi asinado hoxe na Guarda polo presidente da Organización de Palangreiros Guardeses, Joaquín Cadilla, e a directora de zona de ABANCA en Vigo sur, Ángela Rodríguez Miguens. No acto de firma tamén estiveron presentes o director de ABANCA Mar, Javier Fraga; o director da oficina na Guarda, Juan Jesús González, e a directora xerente da organización pesqueira, Juana Parada.

O novo acordo inclúe unha variedade de solucións de financiamento e crédito adaptadas para abordar os principais desafíos do sector. Destacan produtos como a hipoteca naval, deseñada para a construción, compra ou reparación de embarcacións, que permitirá aos pescadores contar con barcos máis modernos, eficientes e respectuosos co medio ambiente, pero que tamén ofrezan mellores condicións de habitabilidade a bordo.

Do mesmo xeito, o convenio promove tamén outros produtos específicos para realizar investimentos sostibles e de mellora da eficiencia enerxética, así como opcións flexibles a medida do sector para financiar as necesidades de liquidez das empresas ou para anticipar axudas públicas ou o pago de impostos. Ademais, o convenio contempla unha liña de comercio exterior para satisfacer as necesidades de crédito das embarcacións que operan en augas internacionais.

Outro dos puntos relevantes do acordo é o acceso ás liñas de financiamento oficial que a entidade ten subscritas con diversos organismos públicos nacionais. Todo isto sen esquecer o acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.

 

 

Entradas relacionadas

Formulario de contacto

Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.