Inicio » Proyectos » Innovación » Orpagu educativo
Nin máis nin menos que un compendio de proxectos que OR.PA.GU. realiza dentro do eido da Educación para achegar o mundo da pesca con palangre de superficie ao conxunto da sociedade.
Dende o comezo apoiamos diferentes tipos de proxectos de ámbito local e comarcal, prestando especial atención ao eido cultural e social.
Somos de A Guarda, no Baixo Miño, un espazo transfronteirizo que comparte o río Miño cos nosos veciños portugueses e ao carón do Atlántico, ese océano que dende hai séculos leva e trae ás nosas xentes na procura deses peixiños aos que tanto lle debemos.
Hai xa uns anos comezamos unha singradura da man dos centros educativos da Guarda, aos que estaremos sempre infinitamente agradecidos pola súa colaboración. Primeiro foi un certame de relatos, logo o concurso do cartel da Festa do Peixe Espada… e pouco a pouco fomos desenvolvendo ideas para achegar os barcos palangreiros aos pequechos e pequechas na nosa vila.
O Mar na Escola foi un pasiño máis nesta navegación, xa que alumnado de 3º de Primaria coñeceu de primeira man o Porto de Vigo e subiu a bordo dun dos nosos palangreiros, entrando literalmente ata a cociña, pasando pola ponte de mando, a sala de máquinas, etc.
Actualmente estamos traballando na elaboración de unidades didácticas para Primaria, co obxectivo de facilitar ferramentas ao profesorado para que poidan achegar o mundo do mar ás propias aulas.
Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. El responsable del tratamiento de sus datos personales es Organizacion De Productores Palangreros Guardeses y trata sus datos para gestionar las solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas relacionados con actividad del responsable que se realizan a través de la página web. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en la Política de Privacidad.