A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) e Abanca veñen de asinar un novo acordo de colaboración que permitirá aos armadores dar resposta ás necesidades actuais dun sector fundamental para a economía do sur de Galicia.

O texto foi rubricado esta mañá na Guarda pola directora de zona de ABANCA en Vigo sur, Ángela Rodríguez, e polo vicepresidente da organización guardesa, Antolín Verde. Á firma tamén asistiron o director de Abanca Mar, Javier Fraga, e o director da oficina de ABANCA na Guarda, Juan Jesús González.

Neste acordo detállanse unha serie de condicións específicas na contratación de produtos e servizos do banco. Tamén se recolle un extenso catálogo de financiamento con liñas e solucións de crédito creadas pola unidade especializada Abanca Mar co obxectivo de dar resposta aos principais problemas da actividade pesqueira, promover o relevo xeracional, a modernización da frota e o anticipo de subvencións do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro e Next Generation.

O texto especifica tamén unha serie de produtos a medida como a hipoteca naval, que permite a renovación e construcción de embarcacións vinculadas á actividade pesqueira e outros produtos para a mellora da competitividade dos asociados, como as pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, seguros especializados e anticipos de inversións sostibles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.