Gabriela Alfaya, da Guarda, gaña o VII Certame Literario “Homes e Mulleres do Mar” cunha homenaxe ás redeiras

Gabriela Alfaya Rebollar, alumna de 5º de Educación Primaria no CPR Padres Somascos da Guarda, resultou gañadora da sétima edición do certame literario “Homes e Mulleres do Mar”, convocado pola Organización de Produtores Palangreiros Guardeses (ORPAGU). O relato premiado, titulado “A misteriosa Illa das redeiras”, conta a historia dunha nena que, tras atopar un obxecto […]